¡Busca en el blog!

viernes, 11 de noviembre de 2016

ARTIGO CASEIRO SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS.




A verdade é que non tiña de idea do que era a curación de contidos ata que empecei a ler o material deste módulo do curso. Unha vez que lin algo sobre o tema dispóñome a facer un resumo sobre o que eu penso que é a curación de contidos.

Por curación de contidos entendemos a selección de información de calidade normalmente no ámbito da rede coa intención de organizala e expoñela posteriormente a un determinado público que segue unha temática específica.

Para falar de curación de contidos é necesario: Internet como fonte de información actualizada, elexir o tema específico sobre o que "filtrar" esa información, que o proceso sexa contínuo e utilizado no ámbito da profesión do que o realiza (curator), require usar ferramentas especializadas que permitan automatizar diversas tarefas do proxecto en cuestión, filtrar ou seleccionar contido relevante, elexir ben a nosa audiencia e compartilo con ela.

Algunhas ferramentas de curación de contidos son: Diigo, Scoop.it, Pinterest, Storify, Flipboard...que nos permiten levar a cabo un tipo de curación de contidos social (de xeito colaborativo).



No meu ámbito profesional atopo moi útil a curación de contidos para seleccionar información relevante xa que na Rede hai moita información superflua para o alumnado e tamén coido que é interesante compartila de xeito público e poder compartila e que os demáis a compartan para poder aprender uns dos outros.





Nos enlaces deixo algúns artigos sobre o tema da curación de contidos:


Resumiendo la curación de contenidos


La curación de contenidos


20 herramientas de curación de contenidos

No hay comentarios:

Publicar un comentario